Sunday 05 de May de 2024

Actividades na Pobra do Caramiñal


Dende Turismo da Pobra do Caramiñal organizamos as seguintes actividades que detallamos a continuación. Agradecemos a súa difusión.

TURISMO MARIÑEIRO:

Venres 17 e 24 de xullo ás 9:30 h vai ter lugar unha visita guiada. Mariscador@s de a pé van facer de guías e explicar en que consiste o seu traballo; e non só iso, @s participantes van poder meterse ó mar con el@s e aprender a manexar os seus útiles de traballo (rastro, angazo, sacho…), a distinguir entre as distintas especies de bivalvos que se collen nas nosas augas, a calibrar as tallas mínimas… En definitiva, unha experiencia que non ha deixar indiferente a quen participe.

A reserva e compra previa de tíckets débese realizar no punto de información turística da Pobra do Caramiñal, na Casa Mariñeira.

Inscrición e información chamando ó 671 090 262 ou escribindo a turismo@apobra.gal

Organiza a Asociación Mar da Pobra e a Concellaría de Turismo da Pobra do Caramiñal.

VIAXES EN VELEIRO POLA RÍA DA AROUSA:

O veleiro Mascato estará no porto da Pobra do Caramiñal este verán!

Sábados e domingos dende 18 de xullo ata o 30 de agosto poderase navegar pola ría da Arousa dende A Pobra do Caramiñal para divisar as bateas, embarcacións e a paisaxe.

O traxecto guiado será de 1 hora e 30 minutos. Sairá en quendas de mañá e de tarde ás 11:00, 13:00, 16:30, 18:00 e 19:30 h.

Os prezos por persoa son 12€ por persoa adulta e 8€ por nen@ menor de 12 anos. As familias con máis dun neno ou nena terán un desconto.

A reserva e compra previa de tíckets débese realizar no punto de información turística da Pobra do Caramiñal, na Casa Mariñeira.

Inscrición e información chamando ó 671 090 262 ou escribindo a turismo@apobra.gal

Iniciativa organizada e cofinanciada pola Concellaría de Turismo da Pobra do Caramiñal.

MUSEO VALLE-INCLÁN

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal abre as súas portas ó público, de martes a sábados, en horario especial, de 10:00 ás 14:00 h. A entrada é de balde!

Poderáse realizar a visita ás salas nobres, seguindo as normas da entrada cunha cabida limitada.

VISITA GUIADA TEATRALIZADA

O 25 de xullo ás 22.00 h na praza do Cantón da Leña, haberá una visita teatralizada sobre a orixe xacobea da vila guiada polo polifacético Serafín Marcos. Actividade gratuíta.

VIAXES EN CATAMARÁN ÁS ILLAS DO PARQUE NACIONAL E POLA RUTA XACOBEA DO MAR DA AROUSA E DO RÍO ULLA

Sábado 19 de xullo á illa de Sálvora

Sábado 25 de xullo pola Ruta Xacobea do Mar daArousae do Río Ulla

Domingo 26 de xullo á illa de Ons

Domingo 2 de agosto ás illas Cíes

Domingo 9 de agosto pola Ruta Xacobea do Mar da Arousae do Río Ulla

Domingo 23 de agosto á illa de Sálvora, ruta starlight

Para reservar, na páxina web www.piratasdenabia.com ou chamando a navieira ó 986 320 048.